InicioOrientalRibadeoRibadeo solicita unha subvención á Xunta para obras na biblioteca Viejo Pancho

Ribadeo solicita unha subvención á Xunta para obras na biblioteca Viejo Pancho

A edil ribadense, Begoña Sanjurjo, dixo que “a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho é un espazo dinámico, con moitas actividades, con moitos usuarios, pero que presenta grandes deficiencias"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo solicita unha subvención á Xunta para realizar arranxos na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, segundo anuncia a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. A falla de mantemento ao longo dos últimos anos ocasionou humidades e desconchados na pintura da fachada, entre outros problemas.

A edil ribadense dixo que “a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho é un espazo dinámico, con moitas actividades, con moitos usuarios, pero que presenta grandes deficiencias. Imos pedir una subvención á Xunta para facer uns primeiros arranxos. Xa comezamos mellorando a accesibilidade, poñendo unha rampla na entrada e agora imos mellorar as fachadas internas desta entrada, que teñen problemas de humidades e grandes desconchados”.

Sanjurjo contou que “na Biblioteca había unha sala de informática que non ten uso na actualidade e que se converterá agora nunha sala de estudo pensando nas persoas que preparan exames, oposicións. Para facer este cambio temos que poñer novo mobiliario e sobre todo un sistema de calefacción xa que neste piso da Biblioteca non hai. Algunhas salas precisan tamén de deshumidificadores para conservar os fondos en bo estado”.

A concelleira de Cultura indicou que “na planta baixa cambiaranse as luminarias a leds, colocaranse algúns expositores novos e adecuaremos o patio para facer algunha actividade fóra no verán”.

Begoña Sanjurjo engadiu: “iremos pouco a pouco, como estamos a facer na escola de música. Conscientes de que a Biblioteca precisa dunha reparación na cuberta, nas ventás e tamén na calefacción, pero neste momento é imposible acometer estas obras. O abandono das instalacións municipais durante moitos anos fai que agora os problemas sexan moi grandes, cando se puideron ir amañando ós poucos”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...