InicioOrientalRibadeoRibadeo realiza melloras no Parque San Miguel e arranxará a Rúa Illa...

Ribadeo realiza melloras no Parque San Miguel e arranxará a Rúa Illa Pancha

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos mellorando o parque de San Miguel. No primeiro convenio, 100 % coa Xunta de Galicia, o financiamento fixo posible que melloráramos o chan do parque e tamén a renovación de todos os xogos infantís"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo segue a mellorar o parque de San Miguel e tamén arranxará a rúa Illa Pancha. Ambas actuacións enmárcanse no convenio asinado coa Xunta de Galicia.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “seguimos mellorando o parque de San Miguel. No primeiro convenio, 100 % coa Xunta de Galicia, o financiamento fixo posible que melloráramos o chan do parque e tamén a renovación de todos os xogos infantís. No segundo convenio, tamén 100 % con financiamento da Xunta, vai facer posible que retiremos todo o mobiliario, coloquemos novo equipamento tanto mesas, como bancos e papeleiras e, dunha vez por todas, garantir a seguridade deste parque, eliminando todos eses setos vexetais e colocando unha varanda de madeira que garanta a seguridade e que así cumpra a normativa o parque infantil. Unha vez máis esa colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello fai posible que melloremos este espazo”.

O rexedor subliñou que “tamén vamos construír unha soleira que comunique o barrio de San Miguel co Cargadeiro e actuaremos na rúa Illa Pancha. Todos somos conscientes de como se atopa esa rúa chea de fochancas e iso non o podemos permitir. É de xustiza que os veciños reclamaran agora e hai moito tempo que as administracións tiñan que investir para mellorar todo este espazo. Nós desde o Concello o que fixemos foi xestionar o orzamento e firmar un convenio onde aporta o financiamento 100 % a Xunta de Galicia. Toda esa rúa vamos a fresala, limpala e vai aplicárselle un aglomerado en quente para que estea nun perfecto estado”.

Dani Vega considera que “estamos mellorando pouquiño a pouco todos os espazos públicos. O parque de San Miguel, onde acoden moitas familias, onde moitas nenas e nenos poden disfrutar, non soamente do novo equipamento infantil, sino tamén dun espazo moi bonito e desa conexión coa natureza. E tamén é de xustiza que os veciños que viven na rúa Illa Pancha poidan entrar nos seus aparcadoiros, poidan disfrutar dun entorno non cheo de fochancas, senón aglomerado, e así mellorar entre todos. Iso é o que estamos a facer, o Ribadeo que queremos e o Ribadeo que queremos que avance”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...