InicioOrientalRibadeoACISA de Ribadeo inicia a campaña do Día do Pai

ACISA de Ribadeo inicia a campaña do Día do Pai

Publicada o

- Advertisement -

O mellor para papa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 19 de marzo. Acisa sorteará tres premios: unha experiencia enoturística en Ribadavia (visita guiada para dúas persoas a Bodegas Docampo con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo); unha experiencia de desconexión de noite e almorzo a escoller entre máis de 1.500 destinos para dúas persoas e unha cea tamén para dúas persoas no restaurante La Solana, de Ribadeo.

As persoas que entre o 6 e o 19 de marzo realicen as súas compras no comercio asociado poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do día do pai, que terá lugar o día 21 nas instalacións de Acisa Ribadeo. En total repartíronse 9.000 rifas.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “para agasallar, xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender aos papás, aos Pepes e ás Pepitas na nosa vila atoparán de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento”.

O xerente, Jesús Pérez, anima “á nosa veciñanza a celebrar este importante dia. A nosa hostalería conta cunha ampla oferta e con pratos moi orixinais e saborosos para disfrutar destas datas en familia e tamén coas amizades”.

A directiva de Acisa Ribadeo agradece o apoio das empresas colaboradoras: “Bodegas Docampo e restaurante La Solana, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día do pai, que as persoas afortunadas poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.

Acisa conta coa colaboración da Xunta de Galicia para a campaña do día do pai de 2025.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...