InicioOrientalRibadeoRibadeo recibe Fondos Europeos para mellorar a conectividade no litoral

Ribadeo recibe Fondos Europeos para mellorar a conectividade no litoral

O rexedor explica que “na comisión celebrada na tarde de onte, aprobamos un proxecto de expropiación para o incremento da superficie e mellora da conectividade do hábitat no litoral do noso concello"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recibe 300.000 euros de fondos europeos destinados ao proxecto de expropiación para o incremento da superficie e mellora da conectividade do hábitat no litoral. O alcalde, Dani Vega, destaca a importancia deste investimento e as xestións realizadas para conseguilo.

O rexedor explica que “na comisión celebrada na tarde de onte, aprobamos un proxecto de expropiación para o incremento da superficie e mellora da conectividade do hábitat no litoral do noso concello. Vamos actuar no entorno da praia das Catedrais, isto é conservar o espazo natural, seguir conservando todo un monumento natural como é na praia das Catedrais e polo tanto damos outro avance”.

Vega dixo: “Con qué orzamento? Cun proxecto europeo que solicitamos e foi aprobado preto de 300.000 euros para expropiar e tamén coidar todo ese espazo. Do mantemento durante os próximos anos vaise encargar o Goberno do Estado. E a nosoutros parécemos que o importante tamén é esa colaboración institucional entre as administracións e que nos dean cartos, a través dos fondos europeos, para expropiar e que o Goberno do Estado conserve todo este espazo é moi importante. O Consello non pon nin un euro, aforramos fondos propios grazas a axuda neste caso do Goberno do Estado”.

Para Dani Vega “trátase dun paso importante e así os datos o din, convértennos no Concello que máis fondos europeos xestionou neste ano e oito meses. Na praia das Catedrais, no entorno da praia tamén de Esteiro, en Illas e tamén no entorno da ría de Ribadeo. Isto é un dato importantísimo, acredita a gran xestión do Concello, que busca e xestiona orzamentos de distintas administracións, neste caso dos fondos europeos, para investir e así avanzar”.

O alcalde ribadense considera “unha boa noticia, unha gran noticia deste proxecto da praia das Catedrais, da conservación, da mellora da conectividade do hábitat que hai nese areal. Seguimos traballando, seguimos investindo dentro tamén das melloras que tivo a praia das Catedrais grazas á colaboración da Xunta de Galicia: os accesos de entrada, o aparcamento, tamén todo o muro de pedra e esa conservación, a zona que se limitou. Polo tanto, toda esa inversión tamén de preto de 70.000 euros foi outra partida que se xestionou e que o Concello non tivo que poñer ningún euro. Iso é o traballo, esa é a vocación que ten este Concello, de que non poña orzamentos propios e que se xestione, que se busque o máximo orzamento noutras administracións”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...