InicioOrientalRibadeoObras en Ribadeo nas beirarrúas da rúa Alza debido ao mal estado...

Obras en Ribadeo nas beirarrúas da rúa Alza debido ao mal estado que presentan

O alcalde ribadense considera que “o que hai que facer durante estes próximos anos é arranxar e investir e mellorar moitas rúas"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo arranxa as beirarrúas da rúa Alza ata a confluencia coa Río do Amalló, debido ao mal estado que presentan. O alcalde, Dani Vega, asegura que non houbo tarefas de conservación durante un longo período de tempo.

O rexedor dixo que “planificamos unha inversión para mellorar as nosas rúas. Dende logo, parécenos moi importante conservar as nosas rúas e hai que buscar o orzamento necesario para arranxalas, para investir na súa mellora”.

Vega subliñou que “neste caso, comezamos na rúa do cemiterio, a rúa Alza, dado que se fundiu literalmente a beirarrúa e tivemos que actuar de emerxencia. O que estamos detectando é que nas rúas de Ribadeo non houbo unha conservación e agora hai que actuar de forma urxente e rápida, en practicamente todas. Neste momento vamos actuar na rúa do cemiterio, vamos arranxar toda esa beirarrúa e tamén vamos actuar ata chegar á rúa Río do Amalló, ata onde está O Cabazo practicamente, asegurando todas as beirarrúas e tamén limpando toda esa suciedade acumulada durante anos”.

O alcalde ribadense considera que “o que hai que facer durante estes próximos anos é arranxar e investir e mellorar moitas rúas. Pero tamén é moi importante que teñamos presente que hai que conservar todo o que facemos. Agora toca mellorar toda esa zona. Seguramente que na rúa Irmáns Moreno Ulloa temos que actuar tamén facendo algún tipo de decapado e conservando, pero pouquiño a pouco vamos empezando nesa conservación das rúas de Ribadeo que durante toda unha etapa, durante un período, houbo pouca conservación e agora xa hai que actuar de forma urxente en practicamente todas elas”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...