InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo sorteou premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou premios da campaña de San Valentín

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “Luz María Martínez, Manuel Rodríguez y Lucita Álvarez foron os gañadores dos premios da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, aos que onte pola tarde lles fixemos entrega dos seus agasallos"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa sorteou os premios da campaña de San Valentín. As persoas afortunadas son veciñas das localidades asturianas de La Caridad e Barres e de Rinlo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “Luz María Martínez, Manuel Rodríguez y Lucita Álvarez foron os gañadores dos premios da campaña de San Valentín de Acisa Ribadeo, aos que onte pola tarde lles fixemos entrega dos seus agasallos. Desde a asociación queremos felicitalos e darlles as grazas por mercar no noso comercio”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Luz María Martínez resultou agraciada cunha cea para dúas persoas no restaurante Javier Montero; Manuel Rodríguez foi o gañador dunha cea para dúas persoas no restaurante San Miguel; e Lucita Álvarez gozará dunha noite con almorzo no Parador de Turismo de Ribadeo. As persoas afortunadas fixeron compras e depositaron as súas papeletas en Grisi, Capturas Pesca y Anais. Os agraciados poden desfrutar dos premios segundo as condicións marcadas polos locais que os doaron”.

Cruzado Iglesias subliñou: “temos que agradecer o apoio ao comercio local tanto das nosas veciñas e veciños, como os de toda a contorna, de Asturias e de Galicia. E animámolos a seguir apostando polos nosos negocios durante todo o ano, porque ademais de mercar poden levar algún importante premio. Do mesmo xeito temos que darlles ás grazas ás empresas que doaron os premios para a pasada campaña de San Valentin”.

Os premios foron entregados nas oficinas de Acisa onte pola tarde, tras a celebración do sorteo entre as preto das 9.000 rifas recollidas que foron cubertas pola clientela do comercio asociado, que fixo as súas compras dende o 6 ata o 16 de febreiro.

Na entrega de premios participaron a presidenta e o xerente do colectivo empresarial ribadense. Esta actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...