InicioOrientalRibadeoMesa local de Ribadeo contra a violencia de xénero

Mesa local de Ribadeo contra a violencia de xénero

Un dos temas clave foi o Plan de Igualdade para o persoal municipal, que será elaborado por unha empresa especializada

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo tivo lugar unha nova reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, un espazo crave para a coordinación e o traballo conxunto na loita contra a violencia machista.

Na reunión, presidida pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, participaron persoal do CIM, representantes dos centros educativos e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Na Mesa fíxose balance das actividades desenvoltas no último trimestre e as que se fixeron xa no 2025 como os obradoiros educativo sexuais para os centros de ensino e o impactante monólogo de Pamela Palenciano. Ademais, definíronse as iniciativas para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Outro dos temas clave foi o Plan de Igualdade para o persoal municipal, que será elaborado por unha empresa especializada. Por último, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado xunto ao CIM revisaron os casos de violencia de xénero no municipio, reforzando a coordinación para a protección das vítimas.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...