InicioOrientalRibadeoRecepción en Ribadeo a deportistas locais que conseguiron éxitos en 2024

Recepción en Ribadeo a deportistas locais que conseguiron éxitos en 2024

Xunto aos deportistas estiveron o alcalde, Daniel Vega, os concelleiros de Deportes e Igualdade, Francisco José Silvent e Begoña Sanjurjo, e o técnico de Deportes, Iván López. O rexedor felicitounos e ofreceulles a colaboración do Concello “para todo aquilo que poidades precisar”

Publicada o

- Advertisement -

O Salón dos Alcaldes acolleu a recepción ofrecida polo Concello de Ribadeo a catro deportistas locais: Héctor Peña, Valeria Álvarez, Pedro Moirón e Iván Lindín polos éxitos conseguidos ao longo de 2024.

Héctor Peña Díaz foi subcampión de España de Tao Lu equipos sénior mixto Chi-Kung coa selección galega; bronce no Campionato de España de Tai-Chi Tao Lu veterano D1 mixto 35-50 mano vacía; e bronce no Campionato de España de Tiu Shou sénior masculino 90 kg pie fijo.

Valeria Álvarez Fojo foi sexta no Campionato de España de remo absoluto feminino e sétima en sub 23 no mesmo campionato.

Pedro Moiron Soto acadou o 5° posto no Campionato de España sub14 de triatlón B (1.000m., salto de lonxitude e lanzamento de xavelina).

E Iván Lindín Rodil foi Campión de España de armas olímpicas 50 metros na modalidade R7 (carabina 3 posicións); Campión de España armas olímpicas 10 metros na modalidade R1 (carabina aire en pé); Subcampión de España armas olímpicas 10 metros na modalidade R3 (carabina aire tendido); e subcampeón de España de armas deportivas 50 metros na modalidade R6 (carabina tendido).

Xunto aos deportistas estiveron o alcalde, Daniel Vega, os concelleiros de Deportes e Igualdade, Francisco José Silvent e Begoña Sanjurjo, e o técnico de Deportes, Iván López. O rexedor felicitounos e ofreceulles a colaboración do Concello “para todo aquilo que poidades precisar”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...