InicioOrientalRibadeoMonólogo en Ribadeo 'No solo duelen los golpes' sobre violencia machista

Monólogo en Ribadeo ‘No solo duelen los golpes’ sobre violencia machista

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “aínda que a función está destinada principalmente aos centros educativos mencionados, reserváronse 30 prazas para mulleres que desexen asistir"

Publicada o

- Advertisement -

O próximo mércores, 12 de febreiro, ás 11:00 horas, o Auditorio Municipal será o escenario da obra No solo duelen los golpes, un monólogo autobiográfico da comunicadora e activista feminista Pamela Palenciano. Esta actividade, organizada polo CIM dentro do programa O Concello vos coles, está dirixida principalmente ao alumnado de 3º de ESO do IES Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, así como a estudantes de Formación Profesional do CIFP Porta da Auga.

No solo duelen los golpes é un monólogo unipersoal con pinceladas de autoficción que narra a vivencia persoal de Pamela Palenciano na súa primeira relación de noivado, que se tornou violenta ao longo de seis anos. A través da súa experiencia, a autora conéctanos coa historia universal das violencias machistas e a construción de estereotipos que xeran a desigualdade que permite exercer a violencia sobre outra persoa en todos os seus niveis. Utilizando humor acedo, ironía e unha interacción directa co público, Pamela logra xerar conciencia e provocar reflexións profundas sobre a violencia de xénero.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “aínda que a función está destinada principalmente aos centros educativos mencionados, reserváronse 30 prazas para mulleres que desexen asistir. As interesadas deben poñerse en contacto co CIM para xestionar a súa reserva no seguinte número de teléfono 982120739”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...