InicioOrientalRibadeoRibadeo renova os quentadores dos vestiarios dos campos 'Pepe Barrera' e ...

Ribadeo renova os quentadores dos vestiarios dos campos ‘Pepe Barrera’ e ‘Outeiro’

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “desde o noso equipo de goberno queremos informar que, debido á falta de mantemento nos últimos anos por parte do anterior goberno municipal, vémonos na obriga de substituír os quentadores dos vestiarios tanto do estadio Pepe Barrera como do Campo de Outeiro"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo renova os quentadores dos vestiarios do estadio municipal Pepe Barrera e do Campo de Outeiro.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “desde o noso equipo de goberno queremos informar que, debido á falta de mantemento nos últimos anos por parte do anterior goberno municipal, vémonos na obriga de substituír os quentadores dos vestiarios tanto do estadio Pepe Barrera como do Campo de Outeiro. Esta actuación é imprescindible para garantir o bo funcionamento das instalacións e ofrecer unhas condicións adecuadas aos usuarios”.

O edil ribadense sinalou: “seguimos traballando para recuperar todas as instalacións deportivas e devolvelas ao estado no que deberían terse mantido ao longo dos anos. A falta de mantemento anterior xerou unha acumulación de avarías que agora requiren un investimento importante para a súa reparación”.

Silvent subliñou que “o noso compromiso é seguir mellorando as infraestruturas deportivas para que todos os deportistas e afeccionados poidan gozar delas en condicións óptimas”.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...