InicioOrientalRibadeoConferencias sociosanitarioas nas parroquias de Ribadeos "Preto de Ti"

Conferencias sociosanitarioas nas parroquias de Ribadeos “Preto de Ti”

Publicada o

- Advertisement -

O programa Preto de Ti leva agora ás parroquias charlas sociosanitarias, que están a ter unha grande acollida por parte dos asistentes, segundo subliñou a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.

A edil ribadense contou que “o programa Preto de Ti continúa dinamizando as parroquias, ademais das súas actividades semanais como memoria, ximnasia, manualidades e Argadelo, xa implantadas desde hai tempo e que para xúbilo noso cada ano conta con máis usuarios, nacen agora as charlas sociosanitarias. María, enfermeira no noso servizo de benestar social, é a encargada de impartilas e teño que dicir que con gran éxito tratan temas tan interesantes como poden ser os primeiros auxilios, as constantes vitais, o auto coidado…”.

Sierra explicou: “e agora a esta nova iniciativa únesenos a experiencia do doutor José Antonio Flórez, catedrático de Medicina e Ciencia da Universidade de Oviedo, que o pasado mes de decembro en Ribadeo xa nos falou da importancia de envellecer con humor. E agora quixo trasladar os seus consellos ás nosas parroquias. A cita concretamente foi onte en Cedofeita, onde o doutor Flórez insistiu en que o humor é o mellor fármaco para a saúde e a lonxevidade, unha receita que ata o de agora non se compra nas farmacias e que está ao alcance de todo o mundoPalabras descoñecidas”.

ÚLTIMAS

Rubén García: “O dano na Faba de Lourenzá en Trabada foi moi alto, como outros lugares”

-Os problemas que sufriron os agricultores que sementaron Faba de Lourenzá en Trabada, foron...

Mellora nos parques de Alfoz e as súas zonas verdes

O Concello de Alfoz vén de poñer en marcha un proxecto de mellora e...

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita...

Obras en Foz para un novo acceso ao estacionamento das Torres

O Concello de Foz iniciou as obras para a construción dun novo vial que...