InicioOrientalRibadeoRibadeo investirá case 700.000 euros para arranxar as estradas do rural

Ribadeo investirá case 700.000 euros para arranxar as estradas do rural

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo investirá 690.000 euros neste 2025 no arranxo de estradas a través do Plan Avanza Rural, segundo anunciou no día de hoxe o alcalde, Dani Vega.

O rexedor sinalou que “Ribadeo planifica unha inversión de 690.000 euros para seguir mellorando as nosas estradas. Seguimos xestionando orzamento, é fundamental para seguir avanzando, para seguir apostando por ese Plan Avanza Rural ambicioso, que ten o obxectivo, evidentemente, de mellorar as infraestruturas e vamos actuar en Arante, en Vilamariz, en Vilela, As Anzas, tamén en Santalla, Couxela, Remourelle. Actuaremos en Piñeira, Vilaframil, Vilaselán e tamén vamos iniciar inversións en Ove, en A Devesa, en A Rochela e tamén na recuperación das rúas de Rinlo”.

Vega dixo: “unha estratexia que comezou no 2024, actuamos en moitas infraestruturas que estaban mal, poñemos como exemplo en Ove, Remourelle, na estrada da Costa, na de Santalla, en Lourido. Aí tamén foron uns 680.000 euros e agora vamos incrementar a 690.000 euros. Dentro da colaboración que estamos tendo con todas as administracións, o Plan Único da Deputación e tamén coa Xunta de Galicia cos diversos plans que nos presenta a través do Agader. Eses 690.000 euros son un avance moi importante nas estradas, nas vías de comunicación, somos conscientes de que hai que facer moitísimo mais, moitísimo mais traballo, pero pouquiño a pouco iremos actuando”.

E subliñou: “evidentemente, temos que ser conscientes, saber que hai estradas que están en moi mal estado e iso lévanos a ser moi exixentes co orzamento, xestionar moito na Xunta de Galicia, instar á Deputación a que siga investindo, porque todos os recursos son necesarios. Polo tanto, este novo Plan Avanza Rural para 2025 vai contar con eses 690.000 euros para que siga Ribadeo avanzando”.

ÚLTIMAS

Antonio Villarino: “Medio Rural mostra falta de interese no sector da Faba de Lourenzá”

-Que dificultades está pasando agora mesmo a Faba de Lourenzá na súa produción? En 2024...

A UNED en Foz abre o período de matrícula para o segundo cuadrimestre

A Aula Universitaria da UNED en Foz anuncia a apertura do prazo de matrícula...

Mondoñedo lamenta o falecemento de Xosé Vizoso

O Concello de Mondoñedo emitiu este domingo unha nota de prensa onde lamenta o...

Cervo celebrará a Festa do Mexillón o sábado 22 de febreiro

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón,...