InicioOrientalRibadeoRibadeo pecha parques e espazos públicos debido ao temporal

Ribadeo pecha parques e espazos públicos debido ao temporal

"Os fenómenos meteorolóxicos adversos desta xornada poden deixar rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora”, ven de explicar o alcalde, Dani Vega

Publicada o

- Advertisement -

Os parques e espazos públicos exteriores permanecerán pechados hoxe, 27 de xaneiro, en Ribadeo, “debido a que nos atopamos en alerta laranxa ata as doce da noite, segundo a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Os fenómenos meteorolóxicos adversos desta xornada poden deixar rachas de vento de ata 100 quilómetros por hora”, ven de explicar o alcalde, Dani Vega.

O rexedor insiste en pedir prudencia á poboación para transitar pola rúa “xa que poden caer lousas ou outros obxectos dos tellados e dos edificios. Tentemos entre todos extremar as precaucións para evitar calquera tipo de contratempo”.

Vega engade que “a borrasca Herminia deixou onte incidencias como caídas de ramas e dalgunha árbore así como dalgún cable, unha farola no paseo marítimo e danos no mobiliario urbano”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...