InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo leva a Fitur a súa campaña 'Pensando en Ti'

ACISA Ribadeo leva a Fitur a súa campaña ‘Pensando en Ti’

Publicada o

- Advertisement -

O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, declara: “vimos a FITUR a dar a coñecer a nosa marca Pensando en Ti, coa que queremos expresar que Ribadeo pensa en todos os potenciais visitantes á hora de facer a súa oferta turística, con recursos infinitos, desde os naturais, como a ría, a senda costeira, parada obrigatoria merece a vila mariñeira de Rinlo, a praia de As Catedrais como buque insignia de Ribadeo, con parroquias rurais cunha natureza espectacular, como a Fervenza de Lexoso e recursos históricos como A Ponte e capela de Arante. Ribadeo destaca polo seu enorme patrimonio, histórico, cultural e arquitectónico no centro urbano, con especial referencia ao barrio indiano e á zona vella. Unha oferta turística que vai máis aló, cunha gastronomía variada, onde quen nos visite pode atopar restaurantes de alta cociña, con recoñecementos Michelín e Repsol, locais excelentes con especialidades en peixe, mariscos e carnes así como unha variedade de bares e cafeterías”.

Pérez Prada indica: “unhas rúas repletas do mellor e máis variado comercio da comarca, que é un referente na Mariña e no Occidente asturiano, onde sempre atoparás o que necesitas cun trato próximo e persoal. Rúas cheas de terrazas para gozar do bo tempo e unha oferta de empresas de turismo activo, para todos os públicos como canoas, motos de auga, paseos en barco, labirintos… Ribadeo conta con hoteis de grandes calidades e servizos para facer que a estancia do viaxeiro sempre sexa especial. Contamos con excelentes instalacións hostaleiras, que dispensan un trato exquisito ao turista, e que contrastan con outro tipo de establecementos”.

O xerente de Acisa alude ao traballo realizado en Fitur 2025: “mantivemos diversas reunións de traballo co fin de promocionar Ribadeo como localidade pola que pasan dous Camiños de Santiago, sendo punto de saída do Camiño do Mar e a porta de entrada a Galicia do Camiño Norte. Tamén nos reunimos con comercializadoras de establecementos turísticos para poñer en valor á nosa rede hostaleira e establecemos relacións con asociacións do mesmo tipo que a nosa para fortalecer vínculos que nos permitan traballar conxuntamente en promocionar as nosas localidades”.

Jesús Pérez relata que “asistimos ás presentacións da Mancomunidade de Concellos da Mariña e da Deputación de Lugo, porque Ribadeo é parte esencial da comarca e da provincia e debemos traballar na promoción conxunta como destino turístico e comercial tamén de proximidade. Asistimos á presentación da 60 edición da feira de mostras de Vegadeo e conversamos co seu alcalde sobre a importancia de establecer vínculos fortes entre os concellos e asociacións empresariais veciñas de comarca, porque non debemos de esquecer que cando falamos da economía local de Ribadeo, estamos a falar dos visitantes diarios que esta vila recibe do Occidente de Asturias”.

E engade: “o balance que podemos facer do paso de Acisa por Fitur xunto ao Concello de Ribadeo é moi positivo. Esperamos que repercuta en Ribadeo, na economía local, en seguir atraendo turismo de calidade e sostible e que sigamos sendo referente para moitos veciños da comarca que día a día e fin de semana tras fin de semana achéganse a Ribadeo a comprar, comer ou a tomar algo”.

Desde Madrid o alcalde, Dani Vega, destacou esta mañá que “foron xornadas intensas as que desenvolvemos en Fitur 2025 co obxectivo de seguir traballando pola desestacionalización do turismo e apostando por Ribadeo, un concello cheo de vida durante todo ou ano”.

ÚLTIMAS

UGT reclama ao Goberno medios para manter a produción de Alcoa

O secretario xeral da federación de Industria de UGT, Mariano Hoya, lembrou que a...

Roi Fernández, Vendaval Fest: “O festival nace para ver música rock en directo, algo que estrañabamos”

-Quen está detrás do Vendaval Fest e cal foi a idea que deu pe...

O BNG reclama ao Goberno “urxentemente” para garantir o futuro de Alcoa

O BNG reclamará ao Goberno central "actuacións urxentes" para "garantir" a continuidade da actividade...

Mondoñedo acolle este martes o Correlingua 2025

A vila de Mondoñedo será este martes, 20 de maio, escenario dunha nova parada do Correlingua...