InicioOrientalRiotortoPrimeiro máster territorial de bádminton en Ribadeo

Primeiro máster territorial de bádminton en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolle este sábado, 25 de xaneiro, o primeiro Máster Terrtorial Sénior de Bádminton, que organiza o Club de Bádminton A Mariña.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.

Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.

O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.

Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...