A oposición ao completo solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para aclarar o acontecido coas cortas de árbores e o plan de reforma sobre o campo de San Francisco.
Os concelleiros do BNG de Ribadeo e a concelleira do PSdG solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario para aclarar o acontecido nas últimas semanas colas cortas masivas de árbores realizadas polo goberno municipal, así como as súas intencións de reforma integral sobre uns dos espazos máis emblemáticos de Ribadeo: o campo de San Francisco.
A oposición en pleno realiza esta solicitude despois das reaccións e demandas dunha gran parte da veciñanza de Ribadeo, ignorada e ninguneada de xeito reiterado polo alcalde.