InicioOrientalRibadeoVisita á vila bretoa de Loktudi entre os días 1 e 9...

Visita á vila bretoa de Loktudi entre os días 1 e 9 de agosto desde Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi vén de reunirse para preparar a súa viaxe a esa vila da Bretaña francesa desde o día 1 ao 9 do mes de xullo.

A viaxe de ida será os días 1 e 2, con parada para durmir en hotel, e visitas ás localidades de Mutriku, Castets e La Roche-Bernard. A estancia en Loktudi comprenderá os días 2, 3, 4, 5 e 7. Os días 8 e 9, corresponderán á viaxe de volta, con parada para durmir e visitas ás localidades de La Rochelle, Hondarribia e Santillana del Mar.

Durante o noso tempo en Loktudi aloxarémonos nas casas das nosas familias de acollida, e desfrutaremos das diversas actividades que nos está preparando a súa asociación, con visitas a localidades e puntos de interese próximos, aos que se unirá este ano a visita á Côte de Granit Rose.

Invitamos a todas as persoas interesadas en recibir información a contactar coa Asociación de Irmandade Ribadeo-Loktudi, chamando ao teléfono 629 47 52 99 ou enviando un correo electrónico a irmandade.ribadeo@gmail.com

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...