InicioOrientalRibadeoDetido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa...

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A persoa detida e as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de 32 anos de idade, como suposto autor dun delito de roubo con forza nas cousas ao apropiarse dunha cartilla bancaria e xoias na casa dun familiar.

Segundo explican nun comunicado, o presunto autor accede ao interior dunha vivenda, propiedade dun familiar, situada na localidade de Ribadeo.

Para iso utiliza unhas chaves lexitimas obtidas de maneira ilícita, subtraendo do interior do inmoble unha cartilla bancaria e diversas xoias, que son recuperadas nun establecemento especializado en cómpraa-venda de ouro.

Así mesmo, o infractor utilizou o documento bancario subtraído para realizar tres reintegros, en distintas datas do pasado mes de decembro, por un importe total de 1200 euros.

A persoa detida e as dilixencias policiais foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Antonio Villarino: “Medio Rural mostra falta de interese no sector da Faba de Lourenzá”

-Que dificultades está pasando agora mesmo a Faba de Lourenzá na súa produción? En 2024...

A UNED en Foz abre o período de matrícula para o segundo cuadrimestre

A Aula Universitaria da UNED en Foz anuncia a apertura do prazo de matrícula...

Mondoñedo lamenta o falecemento de Xosé Vizoso

O Concello de Mondoñedo emitiu este domingo unha nota de prensa onde lamenta o...

Cervo celebrará a Festa do Mexillón o sábado 22 de febreiro

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón,...