InicioOrientalRibadeoO 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “un ano máis Acisa seguirá a ser punto de selado das credenciais do peregrino que realicen a súa ruta a Santiago a través do Camiño do Mar"

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O Camiño do Mar Concello a Concello, que organiza a asociación Amigos del Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela.

Serán un total de 277 quilómetros, divididos en 13 etapas duns 22 quilómetros entre Ribadeo e Santiago, onde concluirán o 24 de maio.

Manuel Vicente, presidente da asociación organizadora, comentou que “esta acción naceu co obxectivo de dar a coñecer e divulgar por onde discorría a antiga vía de peregrinación que atravesaba os concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda, hoxe denominada O Camiño do Mar. Unha vez chegamos a Neda, conectamos co Camiño Inglés ata chegar a Santiago de Compostela. Participar posibilita gozar do descubrimento e coñecemento dun antigo Camiño, e ao mesmo tempo coñecer lugares dos concellos que conforman o Camiño do Mar e a historia da antiga peregrinación polas nosas comarcas, xa que durante o transcurso da etapa facilítanse datos de históricos do antigo roteiro xacobeoPalabras descoñecidas”.

E engadiu: “a todos participantes facilitaráselles a credencial do Camiño de Santiago e así ao finalizar o Camiño poderán obter a Compostela. Para iso iremos selando as credenciais en cada un dos concellos polos que discorren as etapas do Camiño do Mar, realizando dous selos en cada etapa, un de saída e outro de chegadaPalabras descoñecidas”.

Manuel Vicente anima a participar en esta cuarta edición: “para peregrinar polo Camiño do Mar ata Santiago de Compostela deberán de inscribirse na web da asociación: https://www.asocaminodelmar.es no apartado de accións, concello a concello e despois picar na edición 2025, alí atoparán toda a información. Ou picar directamente sobre a seguinte ligazón: https://www.asocaminodelmar.com/acciones/2025/concello-a-concello-2025”.

A presentación desta nova edición de O Camiño do Mar Concello a Concello tivo lugar no Pazo de Ibáñez. Na mesma participaron o alcalde, Daniel Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como o presidente da asociación Amigos del Camiño del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, Manuel Vicente.

A edil de Turismo destacou que “Ribadeo é a porta norte de entrada a Galicia, por aquí pasan ano tras ano centos de camiñantes rumbo a Compostela, que empreguen a ruta do Camiño do Mar ou o Camiño Norte. Estamos encantados de recibilos a todos eles, aos que pasan por aquí rumbo a Compostela ou aos que nos elixen como punto de partida para iniciar estas peregrinacións. O 2 de marzo estaremos xunto a esta asociación para desexarlles bo camiño e para facer con eles un treito do Camiño do Mar”.

Pola súa banda, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “un ano máis Acisa seguirá a ser punto de selado das credenciais do peregrino que realicen a súa ruta a Santiago a través do Camiño do Mar. Na nosa asociación seguimos a traballar e a colaborar con todas aquelas iniciativas que promoven a chegada de máis camiñantes, de máis viaxeiros, de máis turistas a Ribadeo, porque iso redundará de xeito positivo nos negocios locais (hoteis, albergues, bares, restaurantes, comercios…) e na economía de Ribadeo. Bo Camiño a todos”.

ÚLTIMAS

Antonio Villarino: “Medio Rural mostra falta de interese no sector da Faba de Lourenzá”

-Que dificultades está pasando agora mesmo a Faba de Lourenzá na súa produción? En 2024...

A UNED en Foz abre o período de matrícula para o segundo cuadrimestre

A Aula Universitaria da UNED en Foz anuncia a apertura do prazo de matrícula...

Mondoñedo lamenta o falecemento de Xosé Vizoso

O Concello de Mondoñedo emitiu este domingo unha nota de prensa onde lamenta o...

Cervo celebrará a Festa do Mexillón o sábado 22 de febreiro

O concello de Cervo celebrará o sábado 22 de febreiro a Festa do Mexillón,...