InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo sinala que as obras do Hospital Asilo non...

O BNG de Ribadeo sinala que as obras do Hospital Asilo non estarán finalizadas a tempo

O BNG ribadense critica que as obras se estean realizando "a golpe de ocorrencias e declaracións para a galería"

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo explica nun comunicado que as obras do Hospital Asilo da vila non está avanzando ao ritmo requerido. Así, a formación nacionalista apunta que “a 15 de decembro, o grado de cumprimento das obras de reforma do Hospital Asilo era só dun 45%. Desde logo, pensar que van rematar esta reforma nos prazos previstos, para finais de marzo do 2025, non ten moito sentido. Cómo van ser quen de facer en catro meses tanto como o que lles levou case ano e medio?” Tamén apuntan a falta de concreción en canto ao sistema de xestión previsto para as instalacións.

O BNG ribadense critica que as obras se estean realizando “a golpe de ocorrencias e declaracións para a galería”. Nese sentido, apuntan os “vídeos aproveitando un cachiño de obra” para gravar visitas de autoridades.

Lembran ademais que as familias das persoas desprazadas a outras residencias “ven como se esgotan os prazos de execución”. Acusan ao alcalde Daniel Vega de “promesas incumpridas” e de ser “cada vez máis prepontente e máis incontrolado no gasto”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...