InicioOrientalRibadeoReunión entre o alcalde de Ribadeo e o presidente da Xunta: 9...

Reunión entre o alcalde de Ribadeo e o presidente da Xunta: 9 millóns en investimentos

O rexedor, Daniel Vega, contou que “mantivemos onte unha reunión de traballo co presidente da Xunta. O primeiro que debo facer é dar as grazas por ser o primeiro alcalde ao que recibe no 2025”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo está na axenda da Xunta, así o subliñou o alcalde, Dani Vega, despois de reunirse con Alfonso Rueda, o presidente. A administración galega destinará 9 millóns de euros a varios proxectos importantes.

O rexedor contou que “mantivemos onte unha reunión de traballo co presidente da Xunta. O primeiro que debo facer é dar as grazas por ser o primeiro alcalde ao que recibe no 2025”.

Vega destacou que “Ribadeo está na axenda da Xunta, iso puidémolo observar no día de onte, está con orzamentos, está con traballo e está con dedicación”.

Para o alcalde ribadense “foi unha reunión produtiva, unha reunión onde se trataron os asuntos máis importantes que ten Ribadeo nos próximos anos. O primeiro deles: o abastecemento da auga. A xestión foi de 7,5 millóns de euros, a maior inversión da historia de Ribadeo. Vamos cerrar un asunto do que se falaba moito, pero non se poñía o orzamento, onde se analizou sistematicamente que había un problema, pero ninguén lle puxo a solución. Neste ano e sete meses puxémoslle solución ao maior problema que ten Ribadeo. Tiña e ten un problema serio, que se non lle poñemos solución temos o 95% de posibilidades de quedar sen auga. Polo tanto, isto solucionado con 7,5 millóns de euros”.

Na axenda de asuntos abordados polo presidente da Xunta e polo rexedor de Ribadeo tamén estivo o hospital asilo: “traballamos en novas liñas de financiamento na residencia hospital asilo. As obras avanzan a moi bo ritmo, vamos certificar en tempo e forma, pero necesitamos xa falar de solucións, por exemplo no equipamento. Aí estamos traballando, vamos concretar a cifra desde que teñamos un orzamento, entón empezamos xa a traballar na segunda parte de mellora do hospital asilo”.

Vega referiuse tamén á rúa Bos Aires: “a que baixa ao porto onde está o auditorio, contamos con 450.000 euros para poñerlle tamén solución e tamén para a nova oficina de turismo que vai ter Turismo de Galicia, así como a nova oficina de turismo de Ribadeo e un punto de información o peregrino, todo xunto na Casa Maseda. Neste caso tamén vamos ter o financiamento da Xunta de Galicia. Nestes momentos vamos encargar o proxecto e a partires de aí vamos ver a cifra e así solicitar esa xuda á Xunta de Galicia, que xa se comprometeu con esa colaboración”.

O alcalde de Ribadeo declarou: “son preto de nove millóns de euros a xestión que se fixo no día de onte. Creo que esta é a liña que hai que seguir, a colaboración coas distintas administracións, neste caso a Xunta de Galicia, co seu máximo responsable. Quero agradecer a disposición do presidente de colaborar con Ribadeo e todo o que falamos no día de onte é unha cantidade importantísima, 9 millóns de euros para que Ribadeo siga avanzando”.

ÚLTIMAS

Samuel Bouza: “Volveremos recorrer á Valedora se non se soluciona o ruído na zona vella”

-Por que nace esta nova Plataforma de Veciños e Veciñas de Viveiro? Foi unha idea...

Por Viveiro realiza contactos cos diferentes grupos locais para formar un goberno de concentración

Os independentes de Por Viveiro, reuníronse para dar conta dos contactos cos diferentes grupos...

Ribadeo centrará a súa axenda de actos nos Días de Rosalía o 8M

Teatro, danza, musicais e actividades para celebrar os Días de Rosalía e o 8M...

Viveiro será de novo protagonista en FITUR polo seu patrimonio natural e histórica

O Concello de Viveiro estará presente en FITUR co fin de promocionar e dar...