InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo denuncia a falta de especialistas na Atención Primaria...

O BNG de Ribadeo denuncia a falta de especialistas na Atención Primaria na localidade

Tanto Pablo Vizoso, desde Ribadeo, como Daniel Castro, no Parlamento de Galicia, volverán demandar que se dote xa do persoal sanitario necesario o centro de saúde de Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo enviou un comunicado onde denuncian a ausencia de varios especialistas dentro do centro de saúde. Así mesmo, critican ao alcalde ribadense, Daniel Vega, de non defender os intereses de Ribadeo neste aspecto. “Por moito que Daniel Vega prometa e volva prometer que el non cala ante a Xunta de Galicia cando se trata de defender Ribadeo, o paso do tempo confirma que desde San Caetano non lle fan caso ningún e seguen sen cubrir esas baixas ou prazas vacantes”.

Os nacionalistas engaden ademais que “pouco a pouco vaise confirmando o plan oculto do PP de ir reducindo a sanidade pública á súa mínima expresión dando negocio á sanidade privada”. Segundo o BNG ribadense, esta última “cada vez recibe máis doentes do Sergas porque, ao reducir o persoal, as listas de agarda aumentan sen parar”.

Desde o BNG de Ribadeo queren insistir na necesidade de cubrir as prazas vacantes ou baixas. Tanto Pablo Vizoso, desde Ribadeo, como Daniel Castro, no Parlamento de Galicia, volverán demandar que se dote xa do persoal sanitario necesario o centro de saúde de Ribadeo.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...