InicioOrientalRibadeoConcerto de Reis na igrexa parroquial en Ribadeo

Concerto de Reis na igrexa parroquial en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

O concerto de Reis na igrexa parroquial de Ribadeo celebrouse o pasado sábado. Manoele de Felisa ofreceu un repertorio composto por alalás, romances, poemas musicados e composicións propias e despois actuou xunto á Coral Polifónica de Ribadeo e ao Coro Sagrado Corazón.

Este concerto tivo unha grande acollida entre o público asistente. Desde o Concello agradecen á parroquia Santa María do Campo a posibilidade de facer este concerto na igrexa parroquial.

Cabalgata

Centos de persoas encheron as rúas de Ribadeo na tarde de onte para asistir á Cabalgata de Reis, que por mor da previsión meteorolóxica viu reducido o seu percorrido. Aínda así desde a Casa do Mar percorreu as Catro Rúas, Ramón González, José Vicente Pérez Martínez e San Francisco para rematar coa recepción que as súas Maxestades de Oriente ofreceron na carpa situada no parque de San Francisco.

A Cabalgata contou co acompañamento musical de tambores, gaitas e batukada.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...