InicioOrientalRibadeoDíaz Ayuso, Mario Conde ou José Blanco nos Foros Debate 2025 en...

Díaz Ayuso, Mario Conde ou José Blanco nos Foros Debate 2025 en Ribadeo

Está organizado pola Fundación Sargadelos

Publicada o

- Advertisement -

A presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso; o empresario e expresidente de Banesto Mario Conde; o exministro de Fomento José Blanco; e o xornalista e expresidente do Grupo Prisa, Juan Luis Cebrián, figuran como relatores nos Foros Debate 2025 que organiza a Fundación Sargadelos e o Grupo Voar no Hotel Voar de Ribadeo.

Segundo informa a organización, ‘Iniciativa privada e poder público’ será o tema para abordar nesta nova edición do foro que arrincará o día 10 de xaneiro coa participación de Mario Conde, nun acto presentado por Alfredo Conde.

O 24 de xaneiro o protagonista da xornada será José Blanco, coa presentación do director do ‘El Progreso’ Alfonso Rivero; mentres que o 31 de xaneiro o foro contará coa presenza de Juan Luis Cebrián e a presentación do que tamén fose director de ‘El Progreso’ Lois Caeiro.

Por último, a programación inclúe a presenza da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, o día 14 de febreiro. Neste caso, aínda está por confirmar a persoa que se encargará de presentar o acto.

A organización explicou que a Fundación Sargadelos e o Grupo Voar, poñen en marcha estes Foros de Debate co obxectivo de fomentar o diálogo e a tolerancia, á vez que impulsar a vida cultural da mariña lucense.

Ademais, indicou que cada ano trátase de suxerir un “tema controvertido e, quizais, un tanto incómodo para intelectos habituados a remar a favor da corrente”. “Pero, iso pretendemos, abordar a realidade sen excesivas trabas e desde as diferentes perspectivas: intelectual, académica e política”, apunta.

Todo iso, sinala, tratando de convidar a relatores de solvencia acreditada. Así, na anterior edición os relatores foron o exdiputado de Vox Iván Espinosa de los Monteros, o exvicepresidente do Goberno Alfonso Guerra, e a exvicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría, así como a que fose presidenta da Comunidad de Madrid, Manuela Carmena.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...