InicioOrientalRibadeoA fin de semana en Ribadeo reunirá música, teatro e cabalgata de...

A fin de semana en Ribadeo reunirá música, teatro e cabalgata de Reis

Publicada o

- Advertisement -

Música, teatro e a cabalgata de reis son algunhas das propostas desta fin de semana en Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, conta que “nestes últimos días do Nadal aínda nos queda moito que desfrutar. Hoxe ás catro e media da tarde no auditorio teremos o musical Tadeo Jones: la tabla esmeralda. Mañá, sábado, ás sete da tarde en Pedro Murias poderemos asistir á representación da obra A presa do grupo humorístico Trípode. Despois ás nove menos cuarto teremos o concerto de reis na igrexa parroquial. Manoele de Felisa estará acompañado pola Coral Polifónica de Ribadeo e o Coro Sagrado Corazón. E case rematando o día, ás 23:59 na carpa do parque terá lugar o Xara Ano Novo”.

A edil ribadense engade que “o domingo, 5 de xaneiro, recibiremos ás súas Maxestades de Oriente ás seis da tarde na cabalgata, que fará o percorrido habitual rematando na Casa do Concello. A saída será desde as inmediacións do parque de San Francisco”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...