InicioOrientalRibadeoRibadeo recolleu en Carballo o premio á Xestión Deportiva concedido por AGAXEDE

Ribadeo recolleu en Carballo o premio á Xestión Deportiva concedido por AGAXEDE

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recolleu onte na localidade coruñesa de Carballo o premio á xestión deportiva dun Concello de menos de 15.000 habitantes. Os galardóns son concedidos por Agaxede. Ata Carballo se desprazaron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “no Concello de Ribadeo apostamos pola colaboración na organización de todo tipo de modalidades deportivas, polo deporte feminino e polo deporte base a carón de todos os clubs locais. Tamén facemos unha importante aposta por acoller competicións a nivel internacional, que potencian tamén o turismo deportivo en toda a comarca da Mariña”. 

O edil ribadense declarou: “estamos moi contentos pola concesión deste premio, que é un recoñecemento e un respaldo ao traballo que estamos a realizar desde o Concello de Ribadeo. Quero destacar a importante labor que fai o técnico municipal de Deportes, Iván López, e a súa implicación. Todos traballamos como un mesmo equipo“. 

Os XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, de Agaxede, foron entregados nunha gala celebrada no Pazo da Cultura de Carballo.  Foi o ribadense Roberto Ramos, directivo de Agaxede, o encargado de entregarlle o premio ao Concello de Ribadeo, que recolleu o seu alcalde, Dani Vega.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...