InicioOrientalRibadeoO alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O rexedor dixo: “facemos unha valoración moi positiva da colaboración que vai ter a Deputación de Lugo con Ribadeo, 200.000 euros para a estrada de Vilela"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela. O investimento ascenderá a 200.000 euros.

O rexedor dixo: “facemos unha valoración moi positiva da colaboración que vai ter a Deputación de Lugo con Ribadeo, 200.000 euros para a estrada de Vilela. Unha infraestrutura que estaba nunha situación bastante complexa, estáballe causando moitos problemas aos veciños e polo tanto dende o Concello fixemos unha solicitude e a Deputación respondeu que si a esta petición. Vai investir 200.000 euros na estrada de Vilela”.

Vega sinalou: “para nosoutros é moi importante. Para todos os veciños é fundamental. Estaba causando moitos problemas e había que buscar solucións. Nos fixemos o traballo de solicitarllo á Deputación e a Deputación entendeu que é unha vía de comunicación importante, fundamental. Os técnicos así llo trasladaron e polo tanto nosoutros hoxe o que queremos é darlle as gracias á Deputación, seguir nesta liña de entendemento, que realmente cando dúas administracións se entenden quen se beneficia é o conxunto da cidadanía”.

E engadiu: “e neste caso, Ribadeo benefíciase dunha importante colaboración económica da Deputación e eu sempre vou dicir alto e claro aquel que colabore con Ribadeo vai ter un profundo agradecemento deste pobo”.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...