InicioOrientalRibadeoRibadeo realizará desconto do 50% no imposto de vehículos eléctricos e híbridos...

Ribadeo realizará desconto do 50% no imposto de vehículos eléctricos e híbridos de tracción mecánica

O alcalde, Dani Vega, subliñou: “unha nova medida en Ribadeo pola que todos os automóbiles eléctricos e híbridos van gozar dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica. Polo tanto, eu creo que é unha moi boa noticia que os vehículos eléctricos, os vehículos híbridos gocen dese desconto do 50%”

Publicada o

- Advertisement -

En Ribadeo os automóbiles eléctricos e os híbridos gozarán dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica.

O alcalde, Dani Vega, subliñou: “unha nova medida en Ribadeo pola que todos os automóbiles eléctricos e híbridos van gozar dun desconto do 50% na cota do imposto de vehículos de tracción mecánica. Polo tanto, eu creo que é unha moi boa noticia que os vehículos eléctricos, os vehículos híbridos gocen dese desconto do 50%”.

O rexedor dixo que “xa se poden ir achegando ao Concello para comunicar que teñen ese vehículo e a partir de xaneiro de 2025 van gozar dese desconto, desa bonificación do 50%”.

Vega engadiu que “si todas as administracións estamos loitando para que cada vez sexamos máis conscientes de conservar todo o medio ambiente, eu creo que hai que ser coherentes. E non só a administración debe dicir palabras, senón que deben ir acompañadas de feitos. E por iso o Concello de Ribadeo vai ser o primeiro que tome esta decisión, esta medida, en favor do medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...