InicioOrientalRibadeoEducación inviste en mellorar dos centros educativos de Ribadeo

Educación inviste en mellorar dos centros educativos de Ribadeo

Por outra parte, coa campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo queren fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila

Publicada o

- Advertisement -

Educación inviste na mellora dos centros educativos de Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.

O rexedor contou que “na reunión de traballo que tivemos co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional trasladámoslle varias propostas que temos como Concello, temos preocupacións e unha delas é a mellora dos edificios educativos e por iso presentamos xa o proxecto do peche perimetral do Gregorio Sanz, a casa do conserxe e o plan de humanización da toda a zona verde deste colexio”.

Vega subliñou: “trátase dun proxecto demandado, unha proposta que recollíamos fai pouco tempo, coa Anpa e co centro educativo, e agora xa presentamos ese proxecto, e aprobarao a Xunta en poucos días. Para investir, para seguir mellorando o centro educativo, para pensar no colexio Gregorio Sanz e mellorar entre todos un colexio que evidentemente, tivo melloras significativas fai tempo, con todo o edificio central, e nosoutros trasladamos outra proposta, que é moi importante, que é o peche perimetral, que está nunha situación terriblemente mal, a casa do conserxe, que non cumpre todas as condicións dun plan educativo e tamén a humanización ordenada de toda a zona verde, despois da poda realizada”.

Formación Profesional

O alcalde contou que “tamén pedimos que Ribadeo se converta na capital da Formación Profesional. Nosoutros vamos loitalo todos os días, porque consideramos que Ribadeo está estratexicamente ubicado para absorber alumnado tanto de Galicia como de Asturias. Por iso vamos presentar conxuntamente co CIFP Porta da Auga unha proposta de novos ciclos formativos e tamén para converter a Ribadeo nesa capital necesitamos un congreso que fale do futuro, dos retos que ten a Formación Profesional e por iso o consideramos tan importante para que tamén moitas persoas teñan esa saída laboral, porque queren establecer o seu proxecto de vida aquí en Ribadeo necesitan evidentemente unha saída laboral e os Concellos tamén deben falar disto porque é moi importante para as persoas”

Dani Vega indicou que “conseguimos tamén que a Xunta volva a colaborar por segundo ano consecutivo nas rutas xeológicas e tamén para empezar a trasladar propostas de unidades didácticas para os centros educativos. E empezamos coa do Viejo Pancho”.

O rexedor fixo unha valoración positiva do encontro mantido con Román Rodríguez: “foi unha reunión moi frutífera. Estamos a falar dunha partida presupuestaria orzamentada xa para o colexio Gregorio Sanz, nese plan que presentamos. Outra partida moi importante é para o Porta da Auga, máis de 270.000 euros para renovar a cuberta e outras melloras que vai ter o edificio. Isto xa está cerrado no presuposto de 2025 e seguir con propostas porque o que queremos é que Ribadeo siga avanzando”.

E engadiu que “todo isto ten unha inversión considerable, imos chegar practicamente a un millóns de euros, cantidade que garante todas as obras de mellora nos centros educativos de Ribadeo”.

Concello de Ribadeo e Acisa animan a iluminar escaparates e balcóns este Nadal

Coa campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo queren fomentar a ambientación e a decoración navideña nos fogares e nos establecementos comerciais e hostaleiros da vila.

A concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, sinalou que “estamos na conta atrás para a chegada do Nadal. As rúas de Ribadeo xa contan co alumeado destas datas, que acenderemos a última fin de semana de novembro. E o que queremos é que a cidadanía e os negocios locais tamén se unan a esta campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo para encher de luz e de ledicia cada recuncho de Ribadeo”.

A edil ribadense subliñou que “o que pretendemos é que Ribadeo sexa unha vez máis un punto de atracción turística durante o Nadal para que a xente veña ver a nosa iluminación, que veña gozar de todas as actividades que temos preparadas para estas datas, que veña mercar… en definitiva que veñan disfrutar da nosa vila”.

A presidenta da Acisa, Carmen Cruzado, manifestou que “con esta iniciativa queremos recuperar unha tradición moi arraigada na historia de Ribadeo, na que as rúas e os comercios destacaban polas súas elegantes e creativas decoracións navideñas. Desde Acisa animamos ao tecido empresarial de Ribadeo, a comercios e locais hostaleiros, a iluminar o Nadal para realzar ese espírito que sempre caracterizou á nosa vila”.

Cruzado Iglesias engadiu: “estes días xa empezamos a ver escaparates vestidos de Nadal, pero queremos que sexan moitos máis os que se unan ao espírito destas festas. Esta campaña non ter carácter competitivo, é unha acción voluntaria, á que agardamos que se sume a veciñanza en xeral e os establecementos comerciais e hostaleiros en particular, por que No Nadal, todos iluminamos Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...