InicioOrientalRibadeoRibadeo recibe Premio á Xestión Deportiva de AGAXEDE

Ribadeo recibe Premio á Xestión Deportiva de AGAXEDE

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “no Concello de Ribadeo apostamos pola colaboración na organización de todo tipo de modalidades deportivas, polo deporte feminino e polo deporte base a carón de todos os clubs locais"

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recibe o premio á xestión deportiva dun Concello de menos de 15.000 habitantes. Os galardóns son concedidos por Agaxede.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “no Concello de Ribadeo apostamos pola colaboración na organización de todo tipo de modalidades deportivas, polo deporte feminino e polo deporte base a carón de todos os clubs locais. Tamén facemos unha importante aposta por acoller competicións a nivel internacional que potencian tamén o turismo deportivo en toda a comarca da Mariña”.

O edil ribadense amosa a súa satisfacción por este galardón: “estamos moi contentos pola concesión deste premio, que é un recoñecemento e un respaldo ao traballo que estamos a realizar desde o Concello de Ribadeo. Quero destacar a importante labor que fai o técnico municipal de Deportes, Iván López, e a súa implicación. Todos traballamos como un mesmo equipo”.

Os XV Premios Galicia á Xestión Deportiva, de Agaxede, será entregados nunha gala que terá lugar o 13 de decembro no Pazo da Cultura de Carballo.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...