InicioOrientalRibadeoRibadeo celebra o vindeiro domingo a segunda preparatoria Cros A Mariña

Ribadeo celebra o vindeiro domingo a segunda preparatoria Cros A Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá o vindeiro domingo, 17 de novembro, a 2ª Preparatoria Cros A Mariña. A proba está organizada por Xogade e pola Xunta de Galicia, que contan coa colaboración de Deporte Galego, Gadis, Clun, Club Atletismo Ribadeo e Concello.

O evento foi presentado esta mañá en Santa Cruz coa asistencia de Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ana Ferradás, presidenta do Club Atletismo Ribadeo; Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes; e Iván López, técnico municipal de Deportes.

O edil de Deportes contou que “na proba, que se desenvolverá na Área Recreativa de Santa Cruz, daranse cita arredor de 250 participantes. A saída está prevista para as 11 da mañá, a carón do monumento ao gaiteiro”.

Silvent engadiu que “queremos aproveitar para o uso deportivo a Área Recreativa de Santa Cruz, debido á súa ubicación e á beleza de toda a zona, desde onde se pode gozar dunhas vistas espectaculares da ría, dos seus pobos e da costa galega e asturiana”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...