InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo apunta que as obras do Hospital Asilo van...

O Concello de Ribadeo apunta que as obras do Hospital Asilo van a bo ritmo

Publicada o

- Advertisement -

A reforma do hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Así o subliñou o alcalde, Dani Vega, que supervisou os traballos xunto a técnicos municipais, a compañeiros do equipo de goberno e a responsables da empresa encargada da obra.

O rexedor manifestou que “avanzan a moi bo ritmo as obras da residencia hospital asilo. Creo que a coordinación, a planificación e o traballo conxunto dan moi bos resultados. Felicitar aos técnicos urbanísticos do Concello, felicitar tamén á Área de Benestar Social e á empresa que realiza as obras. Baixo esa planificación fomos dando pasos moi importantes. Da bo resultado traballar a bo ritmo e traballar baixo a coordinación entre todos. Iso é o que hai que facer”.

Vega dixo: “nestes momentos, en qué fase estamos? estamos nunha fase de aportar o equipamento necesario, o ascensor, as instalacións de aire acondicionado, a fontanería, todo o sistema eléctrico, a calefacción por aerotermia, toda unha parte moi importante. Tamén avanzan a moi bo ritmo as obras nas instalacións, dos espazos dos que van gozar as persoas cando se instalen nesta residencia hospital asilo, xa se están rematando. Creo que se está facendo un bo traballo”.

O alcalde insistiu en que “a residencia de hospital asilo avanza a moi bo ritmo. Destacar que dentro do proxecto non hai ningún tipo de modificado e iso supón que non haxa ningún tipo de retraso. E tamén, unha parte moi importante desde un punto de vista económico, a tranquilidade que temos desde o Concello por que aportar a Xunta de Galicia 700.000 euros danos un respaldo moi importante, co que tamén puidemos eliminar o crédito de 950.000 euros”.

Dani Vega engadiu: “as cousas, baixo esa programación, baixo esa planificación, baixo un traballo continuo e sensato, saen ben e polo tanto a residencia hospital asilo avanza a moi bo ritmo”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...