InicioOrientalRibadeoA Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, “desde a Biblioteca e desde o Concello queremos agradecer tanto ás persoas usuarias como ás colaboradoras, a súa contribución ao éxito deste proxecto”

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos de Animación a la Lectura María Moliner 2024.

Este premio, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deporte e a FEMP, é un recoñecemento aos proxectos de animación á lectura desenvoltos en bibliotecas de todo o país e ás boas prácticas aplicadas neses proxectos, e está dotado con 2.777,77 euros destinados á adquisición de material.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “no noso caso, trátase dun recoñecemento ao proxecto A Biblioteca: Punto de encontro, no que tratamos de deseñar actividades que implicaran ao maior número de usuarios posible, e para iso tivemos moi en conta aos centros educativos do noso municipio, dentro do programa O Concello cos Coles”.

A edil ribadense contou que “tamén se estableceron sinerxias de colaboración entre a Biblioteca e outras institucións do municipio, como poden ser o Centro de Día ou o Obradoiro de Emprego, e comezou a súa andadura o club de lectura en francés Caffés litéraires à la Biliotéque, que está tendo moi boa acollida”.

E engadiu que “esta mesma semana comezou a reunirse o Club de Lectura en galego e castelán para adultos, xa co aforo completo. Seguiremos traballando na mesma liña, co obxectivo de converter a Biblioteca nun verdadeiro punto de encontro, como di o nome do proxecto”.

Sanjurjo subliñou: “desde a Biblioteca e desde o Concello queremos agradecer tanto ás persoas usuarias como ás colaboradoras, a súa contribución ao éxito deste proxecto”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...