InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo e Gestión Gratelu asinan un convenio de colaboración

ACISA Ribadeo e Gestión Gratelu asinan un convenio de colaboración

Publicada o

- Advertisement -

Acisa e Gestión Gratelu asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que a empresa ribadense estará presente na Festa do Comercio, na Gala da asociación e tamén no sorteo do vindeiro Ribadeo Indiano.

Acisa e Gestión Gratelu así o plasmaron no convenio de colaboración asinado por Pablo Posada, administrador de Gestión Gratelu, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No acto estivo presente o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que van estar presentes como entidade colaboradora en 2025 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano”.

Pablo Posada declarou que “a sinatura deste convenio con Acisa Ribadeo é un primeiro paso para o que esperamos que poida ser unha colaboración a futuro”.

A presidenta de Acisa lembrou que “as asociacións, como Acisa, nutrímonos das cotas das nosas asociadas e asociados e das subvencións que recibimos de administracións como o Concello de Ribadeo ou a Xunta de Galicia. Somos un colectivo moi activo e si queremos seguir organizando actividades importantes precisamos de máis partidas económicas. E por iso levamos xa un tempo chamando ás portas da iniciativa privada”.

Carmen Cruzado subliñou: “parécenos moi importante e positivo que as empresas, sexan asociadas ou non, se decidan a colaborar economicamente con nos. Iso quere dicir que as actividades que organizamos desde Acisa resultan atractivas para o conxunto da cidadanía e do colectivo empresarial. Agardamos que máis firmas de Ribadeo se sumen a esta andaina que hoxe iniciamos con Gestión Gratelu”.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...