InicioOrientalRibadeoRibadeo contratará por primeira vez unha persoa con síndrome de Down

Ribadeo contratará por primeira vez unha persoa con síndrome de Down

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo contratará por primeira vez a unha persoa con síndrome de down, segundo ven de anunciar o alcalde, Dani Vega.

O rexedor contou que “hoxe tamén tivemos un encontro coa asociación Down Lugo, unha asociación que ten presenza en toda a provincia, cuns obxectivos moi claros, cunha pegada social importante, e desde logo nosoutros desde que levamos aquí no goberno municipal estamos colaborando con moitas asociacións sociais que cumpren uns obxectivos importantes de integrar e de apoiar a moitas persoas, e nosoutros como administración debemos estar unidos a eles”.

Vega sinalou que “é verdade que o Concello ten unha serie de subvencións nominativas a moitos colectivos, outros vanse incluír no orzamento de 2025 e con outras asociacións, o que temos son apoios puntuais ou propostas concretas en colaboración coa Xunta de Galicia. E no caso de Down Lugo é unha proposta importante, é un salto cualitativo, porque vamos contratar unha persoa con síndrome de Down. Esa persoa vai estar en Alcaldía e seguramente que vamos estar moi orgullosos del ou dela. Da persoa que sexa, que cumpra co seu traballo, pois seguramente que vamos aprender todos del ou dela”.

O alcalde dixo: “tamén queremos chegar a outro punto concreto coa asociación Down Lugo, que é a celebración dun foro de análise, de medidas concretas que as administracións teñen que cumprir con esta asociación ou con moitos colectivos que están traballando con moitas persoas que teñen down e incorporar proxectos, incorporar propostas, incorporar medidas e colaboracións económicas”.

E engadiu: “foi unha reunión moi positiva, onde se concretaron medidas e onde vamos ir desenvolvéndoas durante o ano 2025”.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...

O X Festival de Jazz e Blues de Ribadeo finaliza esta fin de semana

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin...