InicioOrientalRibadeoRibadeo recollerá axuda para damnificados pola DANA desde o luns día 4...

Ribadeo recollerá axuda para damnificados pola DANA desde o luns día 4 de novembro

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recollerá axuda para as persoas damnificadas pola DANA a partir do vindeiro luns, 4 de novembro. Será no Centro Sociocomunitario, segundo ven de informar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra.

A edil ribadense explicou que “foron moitos os veciños que se puxeron en contacto connosco para ofrecer a súa axuda aos damnificados pola DANA. Desde o primeiro momento este concello estivo en contacto coa FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias de España, e de maneira organizada e coordinada achegaremos as axudas que desde alí demándannos”.

Sierra subliñou que “recollerase auga, leite, conservas, alimentos infantís, cueiros, compresas e tampones. O punto de recollida será o Centro Sociocomunitario, situado á beira do Concello, a partir do luns de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas, durante toda a semana”.

E engadiu que “a recollida farase pola porta lateral situada á beira do aparcamento de vehículos municipais. De antemán queremos dar as grazas a todos os veciños pola súa colaboración”.

ÚLTIMAS

O Parlamento aproba accións legais se se incumpre o acordo de Alcoa e unha intervención pública, de ser necesaria

A Cámara galega aprobou unha iniciativa cunha batería de cuestións relacionadas coa planta de Alcoa en...

O alcalde de Ribadeo agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de Vilela

O alcalde, Dani Vega, agradece que a Deputación de Lugo arranxe a estrada de...

Viveiro comeza a reparación dos contedores soterrados no concello

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro e a Concellería de Medioambiente dan comezo á...

O PP de Trabada e o da Deputación destacan ter o compromiso para arranxar a estrada LU-P-6101

O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo”...