InicioOrientalRibadeoRibadeo elimina barreiras electrónicas da Escola de Música coa instalación dun ascensor

Ribadeo elimina barreiras electrónicas da Escola de Música coa instalación dun ascensor

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo elimina as barreiras arquitectónicas da Escola de Música coa instalación dun ascensor. O investimento ascende a 40.000 euros, financiados na súa totalidade pola Xunta. O alcalde, Dani Vega, subliña a inversión realizada neste inmoble ao que se destinaron 45.000 euros para a renovación de ventás.

O rexedor declarou: “seguimos traballando para eliminar barreiras arquitectónicas dos edificios municipais. Neste caso estamos mellorando a accesibilidade da Escola de Música, concretamente na rampla lateral e tamén colocando e instalando un ascensor. É un paso moi importante dado que a Escola de Música ten moitos alumnos e hai moita actividade”.

Vega subliñou: “tiñamos que apostar decididamente por instalar un ascensor, de facer esa inversión e ter a capacidade de xestionalo para non ter que poñer recursos propios. Neste caso, a Xunta fináncianos con 40.000 euros, é dicir a obra 100%, e tamén recordar que nesta escola fíxose un traballo de renovación das ventás, é dicir do peche desta escola, que tamén supuxo moito”.

O alcalde asegurou que aínda queda moito por facer: “a Escola de Música necesita máis inversión, vamos ter que xestionar máis partidas presupostarias para seguir mellorando e renovando todas as ventás, todo o peche, pero é un salto importante, un salto cualitativo xa que dunha vez por todas, estamos a falar de eliminación de barreiras arquitectónicas dos edificios municipais. E na Escola de Música era moi importante dar ese paso”.

Dani Vega engadiu: “polo tanto, unha nova inversión, un novo convenio firmado coa Xunta de Galicia, e neste caso unha nova subvención, unha inversión total de 85.000 euros, estamos a falar que se investiron na Escola de Música”.

PUNTO LIMPO PECHADO O 3 DE NOVEMBRO

O vindeiro domingo, 3 de novembro, celébrase a festividade de San Martín de Porres, patrón dos barrendeiros.

Desde a Concellería de Medio Ambiente indican que “por este motivo o punto limpo vai estar pechado o luns, 4 de novembro, e non haberá recollida de cartón porta a porta o martes, día 5”.

E engaden: “agradecemos a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo para que o luns non se acheguen ao punto limpo e dos comerciantes da nosa vila para o que o vindeiro martes non saquen o cartón á rúa. Este servizo retomarase con normalidade o xoves, 7 de novembro”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...