InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo fai un balance positivo das Xornadas Asturias en Ribadeo

ACISA Ribadeo fai un balance positivo das Xornadas Asturias en Ribadeo

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou: “queremos dar as grazas aos establecementos participantes nesta sétima edición das xornadas Asturias en Ribadeo, así como a todas as persoas que esta fin de semana saborearon todas as propostas que puideron atopar nos nosos bares, mesóns e restaurantes"

Publicada o

- Advertisement -

Acisa fai un balance positivo das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo que tiveron lugar esta pasada fin de semana.

Foron 16 os locais hostaleiros que ofreceron pratos especiais, racións e tapas para render homenaxe á veciña ás Asturias e aos centos de persoas que cada fin de semana se achegan a Ribadeo a facer as súas compras e a gozar da súa gastronomía.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou: “queremos dar as grazas aos establecementos participantes nesta sétima edición das xornadas Asturias en Ribadeo, así como a todas as persoas que esta fin de semana saborearon todas as propostas que puideron atopar nos nosos bares, mesóns e restaurantes. Esta cita é xa un clásico na programación anual das actividades de Acisa, que seguiremos mantendo na nosa axenda”.

Tamén esta fin de semana os máis pequenos da casa foron os protagonistas dunha nova edición do Trick or Treat organizado por Kids&Us e por Acisa. A actividade destinada a nenas e nenos de 3 a 9 anos, tivo lugar o sábado pola mañá, co obxectivo “de pasar unhas horas diferentes visitando o comercio local asociado. É moi importante concienciar desde a infancia aos futuros compradores da importante que ten apostar polos negocios locais. Os pobos teñen vida grazas ás súas empresas e aos seus emprendedores”, subliñou o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...