InicioOrientalRibadeoRibadeo entrega lotes de libros para centros de ensino do concello

Ribadeo entrega lotes de libros para centros de ensino do concello

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, afirmou que “durante este ano publicáronse numerosos libros que destacan a importancia de figuras ribadenses de todos os ámbitos"

Publicada o

- Advertisement -

Para conmemorar o día das bibliotecas a Concellería de Cultura fai entrega de lotes de libros aos centros de ensino ribadenses. Neses lotes inclúense aqueles libros que foron presentados en Ribadeo durante este ano, de autoría ou temática local, coa intención de achegarlle ao alumnado de todos os niveis educativos parte da riqueza literaria e cultural ribadense.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, afirmou que “durante este ano publicáronse numerosos libros que destacan a importancia de figuras ribadenses de todos os ámbitos: tanto da música, como é o caso da publicación de Carlos Álvarez Lebredo, Historias con pentagramas, que se distribuíu gratuitamente na Biblioteca a todas as persoas interesadas, ou o libro Ecos de Saudade; como da ciencia, co libro Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, escrito por María Isabel Fernández García e publicado pola Deputación Provincial de Lugo, que pon en valor a figura de Manuela Barreiro, primeira universitaria e primeira licenciada en Farmacia nunha universidade galega”.

Neste lote inclúese o libro bilingüe que conmemorou o centenario da morte do Viejo Pancho no que colaboraron o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e o goberno de Uruguai, país que acolleu ao poeta ribadense. Os destinatarios son os Colexio de Educación Primaria Gregorio Sanz, o Sagrado Corazón, o IES Dionisio Gamallo, o CIFP Porta da Auga, a Escola de Idiomas, a Escola Municipal de Música e Danza e CFEA Pedro Murias. A escola infantil tamén recibirá algún libro, pero doutras temáticas.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...