InicioOrientalRibadeoSétimas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 25 e o 27...

Sétimas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo entre o 25 e o 27 de outubro

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indica que “desde Acisa decidimos apostar de novo polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 25 ao 27 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalería"

Publicada o

- Advertisement -

Todo está listo para a celebración da sétima edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que terán lugar do 25 ao 27 de outubro. Están organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) e contan coa participación de 16 establecementos hostaleiros.

A presidenta do colectivo empresarial ribadense, Carmen Cruzado, indica que “desde Acisa decidimos apostar de novo polas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se van celebrar do 25 ao 27 de outubro, como actividade dinamizadora da nosa hostalería. Con esta iniciativa queremos render homenaxe ás nosas veciñas e veciños asturianos, que moitas fins de semana do ano achéganse ata Ribadeo a tomar os viños e os vermús, a comer, a cear, a pasear ou a comprar no comercio local. A presenza de quen se despraza desde Asturias é moi importante para nós e por iso decidimos seguir organizando estas xornadas, que chegan neste 2024 á súa sétima edición”.

O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ribadense, Jesús Pérez Prada, sinala que “nesta ocasión son 16 os locais participantes, que ofrecerán tapas e menús con preparacións típicas da gastronomía asturiana a última fin de semana de outubro. As diferentes propostas gastronómicas poderán atoparse nos seguintes establecementos hostaleiros: O Indiano, Bar Queimada, Cayo Coco, Araucaria, A Bugalla, La Solana, O Lareira de Manolo, A Quinta, Galipizza, Costa Verde, A Horta de San Roque, Mareta, A Menchina, San Miguel, A Flor de Jose e O Recuncho do Gordo”.

Pérez Prada explica que “as preparacións que ofrecerá cada un dos locais participantes poderán consultarse nas redes sociais de Acisa. Haberá diversas elaboracións que usan como base as fabas (con ameixas, con luras, con cogomelos, fabada, etc…), diferentes variedades de cachopos, pescada e pixín á sidra, chourizo á sidra e mesmo sobremesas como arroz con leite”.

Cruzado Iglesias destaca que “as xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo son desde o seu inicio un gran reclamo tanto para os residentes na Mariña lucense como no Principado, por iso é polo que vaiamos xa pola sétima edición. Queremos animar a asturianos e galegos a que fagan un oco nas súas axendas para achegarse a Ribadeo do 25 ao 27 de outubro”. A presidenta de Acisa engade que “calquera momento é bo para vir a Ribadeo, pero se aos nosos atractivos turísticos e comerciais engadímoslles a exquisita gastronomía asturiana estamos ante a fin de semana idónea para gozar do outono ribadense”.

Na presentación das sétimas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo participaron a presidenta, a vicepresidenta, o secretario e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado, Virginia Eceiza, Felipe Fernández e Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...