InicioOrientalRibadeoRibadeo eliminará o feismo do Camiño Norte e abrirá un punto de...

Ribadeo eliminará o feismo do Camiño Norte e abrirá un punto de información para os peregrinos

O alcalde, Dani Vega, indicou que “analizamos o Camiño de Santiago e todo o beneficio que trae para Ribadeo. Desde logo, hai que felicitar á Academia Xacobea por todo o traballo, á Xunte de Galicia pola financiación e tamén á concelleira Begoña Sanjurjo”

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo fai un balance moi positivo das XIX Xornadas Mar por Medio, que concluíron onte. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, subliñou que foron un éxito e o alcalde, Dani Vega, anunciou a posta en marcha dun punto de información ao peregrino e a eliminación dos feísmos no Camiño Norte ao seu paso por este municipio e demándalle á Deputación actuacións para mellorar a seguridade.

A edil ribadense sinalou que “as Xornadas Mar por Medio, que se levaron a cabo desde o venres, podemos cualificalas de grande éxito. Estaba tituladas Os Camiños de Santiago: Itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura e trouxeron a Ribadeo académicos e estudosos de diferentes facetas do Camiño que aportaron novas ideas, reflexionaron e abriron debate sobre o Camiño na actualidade”.

Sanjurjo contou que “comezou o arcebispo de Santiago, descubríndonos o Camiño como ruta de esperanza para Europa, posteriormente Marcelino Agís lembrounos o significado do I Itinerario Cultural Europeo. Puidemos admirar o arte pola ruta asturiana da man de Pepa Sanz e coñecemos na Catedral de Santiago tres facetas do apóstol: peregrino, sedente e cabaleiro, guiados por Miguel Taín. A mesa redonda conducida por Manuel Valín na que participaron Ángel Trabada e Laureano García fíxonos ver as función das asociacións do peregrino, principalmente o coidado dos peregrinos e o Camiño, pero tamén as dificultades coas que se atopan na actualidade, por exemplo a seguridade, e algúns puntos negros do trazado”.

A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “o deán da Catedral de Santiago, José Fernández Lago, analizou a utilidade das revistas especializadas, a través de Compostelanum, chegando á conclusión de que son imprescindibles, xa que os escritos son fundamentais para contar a historia. Pilar Falcón fíxonos un percorrido pola literatura e o cine xacobeos deixándonos a todas e todos con gañas de ver Footprints, entre outras. Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas estivo presente en todas as xornadas, nas conferencias, na exposición da oficina de turismo e por suposto na presentación e visionado do documental biográfico que nos ofreceron Aser e Moisés na tardiña do sábado”.

Begoña Sanjurjo comentou que “a xornada do domingo comezou cun animado debate coa turistificación do Camiño como fondo. Teresa Carballeira moderou o debate entre Ildefonso de la Campa, Ulíses Bértolo e Ruth Varela no que saíron os pros e os contras do paso do Camiño por algúns lugares, principalmente na súa chegada a Santiago. Destaco a reflexión de que Santiago foi construída por e para os peregrinos, é multicultural, forxada pola acollida e hospitalidade ó que chega. Esta acollida e hospitalidade é obrigatoria en todos os pobos polos que pasa o Camiño xa que é intrínseca a el. Remataron as ponencias coa aportación de García Palmeiro que baixo o título O Camiño e a comunicación fíxonos ver que a realidade a través dos séculos é que O Camiño é comunicación, é con til”.

A música estivo moi presente nas Xornadas Mar por Medio: “a música foi un elemento vertebrador das Xornadas comezando cun marabilloso concerto da Coral Polifónica de Ribadeo, un concerto espiritual, tradicional e cultural, como reza o título das xornadas. Neste concerto na igrexa parroquial puidemos escoitar a habanera ribadense Peregrino, música sacra e tamén música tradicional. Homenaxeouse a Jonh Rutherford pai das xornadas, coa interpretación de Vila Meiga. Na clausura das Xornadas escoitamos na voz de Manoele de Felisa parte do seu Cancioneiro do Camiño”.

Begoña Sanjurjo tivo palabras de agradecemento para a organización, para os participantes e para a Xunta de Galicia: “só me queda das as grazas á Academia Xacobea pola organización e protección das Xornadas Mar por Medio, á Xunta de Galicia pola financiación para poder levalas a cabo, ós ponentes e ós participantes, e a todos aqueles que as fixeron posibles. Estamos xa a preparar a vixésima edición. Alí nos vemos”.

O alcalde, Dani Vega, indicou que “analizamos o Camiño de Santiago e todo o beneficio que trae para Ribadeo. Desde logo, hai que felicitar á Academia Xacobea por todo o traballo, á Xunte de Galicia pola financiación e tamén á concelleira Begoña Sanjurjo”.

O rexedor subliñou que “as Xornadas Mar por Medio teñen uns beneficios directos para Ribadeo. Cál é o compromiso do Concello? En primeiro lugar, un punto de atención ao peregrino, que estamos traballando para ter ese local, aparte de ser unha gran oficina de turismo, para acoller, para informar á peregrino. Ese é o primeiro obxectivo que temos como Concello, despois de analizar e trasladar propostas en mellora do Camiño Norte. Tamén seguir traballando na conservación do Camiño. E aí vamos a traballar conxuntamente coa Xunta de Galicia, para que siga investindo e se pode facer pois máis conservación e máis coidado do Camiño, así vamos estar”.

Para Dani Vega é preciso “mellorar eses puntos negros, eses puntos conflitivos. Estámosllo pedindo por activa e por pasiva á Deputación, a construción desa pasarela. De momento non temos ningunha resposta e o que vamos facer en breve é comunicarnos outra vez coa Deputación para que nos diga dunha vez por todas se o vai facer, senón teremos que instar á xunta a modificar o Camiño porque o perigo vai ser total e se non tomamos medidas vamos ser responsables directos. Esa é outra das propostas. E a última creo que é moi importante, que o Concello siga tendo claro a eliminación de feísmos en todo o traxecto do Camiño de Santiago do Camiño Norte. Son propostas moi concretas e seguir avanzando e mellorando e seguir acollendo a tantos peregrinos e traballando para que isto se faga con moito sentido, con moita responsabilidade e tamén con moitos criterios técnicos, que é o fundamental tamén para mellorar e avanzar no Camiño de Santiago”.

ÚLTIMAS

Senadores do PP por Lugo reclaman a convocatoria da mesa de Alcoa

Os senadores lucenses José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, e os...

Os sindicatos do SERGAS denuncian que a consellaría empeorou “unilateralmente” o acordo de redución de xornada

Os sindicatos que conforman a mesa sectorial do SERGAS convocaron esta mañá concentracións nas...

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia sobre minaría antiga

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro luns 16 de decembro unha conferencia na que...

PP da Mariña critica que o ministro Planas “saque peito” das negociacións en Bruxelas

O Partido Popular de A Mariña afea ao ministro de Pesca, Luis Planas, que,...