InicioOrientalRibadeoComezan en Ribadeo as XIX Xornadas Mar Por Medio coa conferencia do...

Comezan en Ribadeo as XIX Xornadas Mar Por Medio coa conferencia do arcebispo de Santiago

Publicada o

- Advertisement -

Esta mañá deron comezo no Salón dos Alcaldes as XIX Xornadas Mar por Medio co conferencia pronunciada polo arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández.

O evento foi inaugurado polo conselleiro de Cultura, José López Campos. No acto tamén participaron o alcalde ribadense, Dani Vega, o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e o vicerreitor da Universidade de Oviedo Santiago García.

Tras este acto tivo lugar a conferencia inaugural Os Camiños de Santiago e a Igrexa, a cargo de Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela. No seu discurso destacou o camiño como “ruta de esperanza para Europa” e “o diálogo como punto de encontro”.

As Xornadas Mar por Medio seguirán ata o vindeiro domingo con conferencias, exposicións, mesa redonda e actuacións musicais. Están organizadas pola Academia Xacobea, que contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, das Universidades de Oviedo e de Santiago de Compostela e coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...