Este domingo, día 6, volven os Pasos de Sabiduría ao centro social de Ribadeo, que se prolongarán ata xuño de 2025.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “este domingo, 6 de outubro, comezamos de novo con Pasos de Sabedoría, farémolo da man do dúo Mar de Caión, desde as seis da tarde ata as nove da noite”.
A edil ribadense contou que “os Pasos de Sabedoría serán todos os domingos ata finais do próximo mes de xuño no centro social de Ribadeo. Esperamos contar unha vez máis con todos vós para pasar unhas tardes divertidas e cheas de movemento. Estará connosco, de novo, Susana Álvarez, para axudarnos a amenizar as tardes dos domingo”.