InicioOrientalRibadeoA EMMED de Ribadeo iniciou o novo curso con 370 alumnos e...

A EMMED de Ribadeo iniciou o novo curso con 370 alumnos e alumnas matriculadas

O claustro docente da EMMeD de Ribadeo está formado por 14 profesores e profesoras, o que garante que o alumnado disporá dunha atención especializada en cada unha das materias que imparte a Escola

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo ven de iniciar o curso 2024/2025 con 370 alumnos e alumnas matriculados, unha cifra practicamente idéntica a do curso pasado.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, subliñou que “a EMMeD de Ribadeo é o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no Occidente asturiano”. A edil deséxalles “un bo curso ao alumnado e ao profesorado, queremos que sexa moi positivo para todos”.

O claustro docente da EMMeD de Ribadeo está formado por 14 profesores e profesoras, o que garante que o alumnado disporá dunha atención especializada en cada unha das materias que imparte a Escola.

O responsable da EMMeD, Hugo García, indicou que “continuaremos na mesma liña de anos pasados participando activamente nos eventos nos que o centro teña cabida, para mostrar o traballo do alumnado e profesorado ao longo do ano e dar visibilidade á EMMeD”.
 
Para García “o máis positivo é seguir mantendo o proxecto, artellar un centro vivo no que se fomente unha educación transversal, no que as alumnas e alumnos non só aprendan conceptos teóricos senón que poidan amosalos enriba do escenario, compartir experiencias con outros centros, participar en actividades que vaian máis aló da música e da danza que axuden a integrar a igualdade, a solidariedade ou o traballo en común no día a día da EMMeD”. Desde a EMMeD agradecen o apoio institucional recibido.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa estuda demandar á empresa por incumprimento do plan de arranque

O pleno do comité de empresa de Alcoa en Cervo acordou que as súas...

Nova protesta no Hospital de Burela: “a represion non calará as protestas”

Este mércores, traballadoras da sanidade e usuarios volveron mobilizarse no Hospital da Mariña logo...

O Resurrection Fest desmárcase do fondo KKR, con intereses pro Israel e dono da empresa organizadora

O Resurrection Fest publicou un comunicado este martes no que se desvincula totalmente do fondo estadounidense...

Ribadeo aprobará o expediente de expropiación para o novo centro de saúde

Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do...