InicioOrientalRibadeoActos no Forte de San Damián en Ribadeo para este sábado 28

Actos no Forte de San Damián en Ribadeo para este sábado 28

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias e presentacións de libros"

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do cuarto centenario da construción do primeiro Forte de San Damián. Haberá unha exposición, visitas guiadas, música e teatro.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias, presentacións de libros…”.

A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha exposición permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián. Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía. Ás 20:30 horas teremos a inauguración oficial, pode parecer unha hora rara pero o importante ven a continuación: desfrutaremos dun concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que nos levará a percorrer diferentes capítulos da historia do Forte. Axudarannos nesta viaxe o Grupo de Teatro de Ribadeo e tamén unha proxección de imaxes. Será no exterior do Forte por iso precisamos de que non haxa luz e por iso a hora acordada son as nove da noite”.

Sanjurjo engadiu: “quero agradecer a súa colaboración desinteresada á Banda e o Grupo de Teatro e sobre todo a Begoña García (técnica de Turismo) e a Alberto Paraje polo traballo feito ó longo do ano para que isto chegue a bo porto. Anímovos a todos e todas a coñecer o Forte e gozar deste concerto con moita historia”.

Presentación

Por outra banda, tamén esta sábado estará en Ribadeo o escritor Manel Loureiro, que presentará a súa obra Cuando la tormenta pase, que foi Premio Lara. O autor estará acompañado por José Manuel Romero Moreno, Conde de Fontao. O acto terá lugar ás 19 horas no Salón dos Alcaldes do Pazo de Ibáñez.Ac

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...