InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo sinala que os camiños volven estar estragados por...

O BNG de Ribadeo sinala que os camiños volven estar estragados por sacas de madeira

Publicada o

- Advertisement -


No pleno do martes 30 de xaneiro, o goberno municipal de Ribadeo deulle o visto bo a un convenio coa asociación Lugo-Madera que supuxo a derrogación dunha ordenanza anterior que deu bos froitos ao longo dos distintos mandatos de goberno do BNG. “Ben que insistimos en que, se non había garantías, poderíase producir a situación que agora se deu: camiños desfeitos e a veciñanza preocupada e indefensa. Pero o señor Vega parecía máis interesado en quedar ben con alguén que en velar polos intereses de todas as veciñas e veciños de Ribadeo”.


O voceiro local do BNG, Pablo Vizoso, lembrou que un aspecto fundamental da anterior ordenanza era que “o aval que se esixía servía de garantía para disuadir a quen se puidera ver tentado a non prestar a debida atención ao estado dos camiños”. Segundo Vizoso destaca que a desaparición do aval “todo quedaría reducido a unha chea de boas intencións sen garantías firmes de que se vaia respectar o estado dos camiños, pois pasou o que pasou”.


Desde o BNG de Ribadeo aseguran que o rexedor atacou frontalmente ao noso voceiro e á organización, “negándose a ver a evidencia”. A consecuencia máis directa desta decisión é a de suspender as cortas de madeira. “E o alcalde dedicase a finxir un suposto enfado que tampouco o é ben do todo, pois cunha man advirte pero coa outra tempera gaitas para non quedar a mal con alguén”. Os nacionalistas acusan ao alcalde, Dani Vega, de eludir a responsabilidade de manter os camiños en condicións “que é quen saca a madeira. E o alcalde, de velar por que iso se cumpra”.


O BNG tamén sinala que o goberno local está realizando un gasto descontrolado que obriga a ir botando man de remanentes que “estaban pensados para investimentos, non para gasto corrente”. A formación nacionalista asegura que conituará fiscalizando o labor do goberno local.

ÚLTIMAS

Anxo Martíns: “O irmandamento con Loktudi é un dos vinte que hai entre vilas galegas e bretoas”

-Como nace a este irmandamento entre Ribadeo e Loktudi na Bretaña francesa? En 2005, respondendo...

Iria Castro destaca o papel dos filántropos na presentación do Ribadeo Indiano

 A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde  acto inaugural do Ribadeo Indiano,...

Viveiro recoñecido como Concello Emprendedor pola Xunta

O Concello de Viveiro vén de recibir a declaración oficial como Concello Emprendedor, segundo...

O mercado de Foz será o venres 18 en vez do martes debido ás Festas do Carme

O Concello de Foz anuncia que a vindeira semana o tradicional mercado dos martes,...