InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo denuncia que o PP incrementa a débeda bancaria...

O BNG de Ribadeo denuncia que o PP incrementa a débeda bancaria en case 600.000 euros en 2024

Publicada o

- Advertisement -

O BNG ribadense critica que o goberno municipal volva solicitar un novo crédito, o terceiro deste ano 2024, por importe de 950.000€. Esta cantidade súmase aos outros dous solicitados na primeira parte do ano por importe de 107.000€ e 300.000€ respectivamente. Isto suma un total de 1.357.000€ en créditos en tan só 9 meses. Unha situación que afonda no endebedamento severo dun concello que o goberno do PP recibiu totalmente saneado.


Segundo declarou o concelleiro Vicente Castro: “amortízanse 783.000€ do crédito para a reforma do Hospital-Asilo, o cal é unha boa nova, pero a continuación pídese outro crédito de 950.000€, o cal nos parece unha completa irresponsabilidade. Estes cartos utilizaranse para poder facer fronte ao despilfarro continuo que leva realizando este goberno do PP desde hai ano e medio. Inda por riba, segundo lemos na prensa, intenta enganar a veciñanza falando, sen ningún tipo de pudor, de que se está reducindo a débeda. É ben curioso reducir débeda solicitando en 9 meses un total de 1.357.000€ en créditos.”


Castro engadiu tamén que: “Comezamos o ano co goberno do PP esgotando todos os remanentes que recibiron do anterior goberno do BNG e agora atopámonos con esta serie de créditos. Intentan enganar a veciñanza anunciando que se amortizan 783.000€, pero sen mencionar que se piden 1.357.000€ en créditos. A conta é fácil: a débeda aumenta en 574.000€. Como leva denunciando este grupo municipal meses, todo este gasto sen control pode acabar por comprometer a viabilidade económica do Concello a curto e a medio prazo. Inversións sen realizar, asociacións que non cobren as subvencións etc. Urximos ao goberno municipal que non intente enganar os ribadenses e que volva á senda da responsabilidade financeira polo ben de todas e todos os veciños do noso concello.”

ÚLTIMAS

Foz inviste case 98.000 euros en mellorar camiños de San Martiño e Santa Cilla

O Concello de Foz iniciou os traballos de arranxo de camiños nas parroquias de...

Burela levará a pleno unha nova ordenanza sobre venda ambulante

O Concello de Burela debatirá no vindeiro pleno municipal o texto dunha nova Ordenanza...

Festa labrega en Landrove para este venres coas Olimpiadas Rurais

A parroquia de Landrove será o escenario esta fin de semana da VIII edición...

O comité de Alcoa retomará mobilizacións

O comité de empresa de Alcoa retomará mobilizacións ante a ameaza de despedimentos en...