InicioOrientalRibadeoPrensentado este xoves o documental "O Vello Pancho" en Ribadeo

Prensentado este xoves o documental “O Vello Pancho” en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación esta tarde en Ribadeo do do documental “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Plata”, un proxecto audiovisual producido coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo coincidindo co centenario do falecemento do poeta e político de orixe ribadense José Alonso y Trelles (Ribadeo 1857– Montevideo, 1924), emigrado a Uruguai onde acadou  sona e recoñecemento.

No acto, que contou coa presenza do director do filme, Xan Leira, e do libreiro e investigador ribadense Pablo Rodríguez “Vivín”, cuxo testemuño e arquivo documental ten un papel chave no filme, a responsable provincial sinalou que se trata dun proxecto audiovisual “que divulga material pouco coñecido sobre el Viejo Pancho,  poñendo en valor  o patrimonio documental depositado en Ribadeo pola súa familia” e  destacou que “a investigación sobre a súa vida e obra supón tamén unha ventá para seguir afondando no coñecemento da emigración da comarca da Mariña cara a America”.

O audiovisual artéllase arredor do descubrimento diante da cámara do material conservado por Pablo Rodríguez “Vivín”, depositario do arquivo da familia Alonso y Trelles en Ribadeo, xenerando unha narrativa que afonda en diferentes aspectos da biografía e da obra do escritor e político, no que interviñen tamén outras persoas investigadoras como Pilar Cagiao, Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, Toni de Seares e Ana Lorenzo, estes últimos responsables do programa de radio Sempre en Galicia, de Montevideo e integrantes do Patronato da Cultura Galega, entidade comprometida coa recuperación e mantemento do legado do escritor homenaxeado.

ÚLTIMAS

Alcoa di que achegará 120 millóns mentres o persoal pide seguridade nos postos de traballo

O comité de Alcoa San Cibrao informa de que a compañía lles trasladou que...

Foz elixe esta fin de semana o rei ou raíña do Entroido

Esta fin de semana o concello de Foz está cargado de actividade, con teatro...

As Festas de San Roque xa teñen comisión

O Concello de Viveiro celebra que unha comisión se encargue da organización das festas...

A Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo galardoada no concurso María Moliner

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, resultou galardoada no Concurso de Proxectos...