InicioOrientalRibadeoO Plan Avanza Rural chega á parroquia ribadense de Remourelle

O Plan Avanza Rural chega á parroquia ribadense de Remourelle

O alcalde, Dani Vega, subliñou que “nestes momentos estamos actuando en Remourelle. Vamos arranxar varios puntos, Fornos-Pesegueiro, e tamén todo o entorno da escola"

Publicada o

- Advertisement -

O Plan Avanza Rural do Concello de Ribadeo chega estes días a Remourelle, onde o investimento ascenderá a 82.000 euros, segundo explicou esta mañá o alcalde, Dani Vega.

O rexedor dixo: “seguimos investindo, seguimos xestionando e así mellorando toda a rede viaria do noso concello, dentro dese Plan Avanza Rural, que ten unha dotación orzamentaria de 685.000 euros en total nestes momentos e estamos actuando a través de orzamentos propios, e na maior parte con orzamentos da Xunta de Galicia”.

Vega subliñou que “nestes momentos estamos actuando en Remourelle. Vamos arranxar varios puntos, Fornos-Pesegueiro, e tamén todo o entorno da escola. Non se descarta que teñamos que actuar de emerxencia nalgunha vía de comunicación fundamental e prioritaria, pero nestes momentos temos orzamentado máis de 82.000 euros para Remourelle. E estamos actuando tamén en Santalla de Vilaousende e en Ove. Os traballos van a bo ritmo e tamén recordar que estamos en proceso de licitación na estrada da Costa con 370.000 euros”.

O alcalde indicou que “se trata dunha suma total neste primeiro ano de goberno de 685.000 euros, con orzamentos da Deputación de Lugo, a través do Plan Único, e tamén da Xunta de Galicia, a través de Medio Rural. Creo que neste primeiro ano non podemos chegar, por desgraza, a todos os puntos, pero estamos programando investimento, estamos xestionando orzamentos da Xunta de Galicia e paulatinamente iremos investindo en todos os puntos”.

Dani Vega cre que “é importante destacar esta inversión e é verdade que non podemos ir a máis ritmo, non podemos actuar en todo concello por desgraza, pero si que é certo que en estradas que están nunhas mellores condicións, pero que teñen algún tipo de bache, vamos actuar con ese bacheo que anunciamos hai uns días. Pouquiño a pouco imos mellorando a nosa rede de comunicación, a nosa rede viaria”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...