Elena Fiallega Fernández goza estes días da viaxe a Cuba sorteado no marco do IX Ribadeo Indiano. O premio, que conseguiu hai unhas semanas, cobre o voo Madrid-Habana-Madrid así como as estancias en hoteis de 5 estrelas tanto na Habana como en Varadero, o visado a Cuba e o seguro básico de viaxe, entre outros complementos extra.
Acisa repartiu 160.000 papeletas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo para participar no sorteo da viaxe a Cuba, que tivo lugar o propio 14 de xullo tras a celebración do concerto de Vicente García. A papeleta afortunada foille entregada a Elena Fiallega na Cervexaría San Roque.
Desde a directiva de Acisa sinalan: “esperemos que gocen moito desta experiencia, como xa o fixeron as afortunadas e afortunados nas tres edicións anteriores nas que tamén sorteamos unha viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano”.